1546561068
Bueno Carallo Bueno

Advertise on podcast: Bueno Carallo Bueno

Categories
Country
United States
This podcast has
88 episodes
Language
English
Explicit
No
Date created
2020/12/27
Latest episode
2026/06/22
Average duration
56 min.
Release period
25 days

Description

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR P**O PODCAST EN GALEGO DO MUNDO. Din eles.

Unlock Bueno Carallo Bueno podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Bueno Carallo Bueno podcast


BCB 6x14 - Un programa Mondial
2026/06/22
Alberte e Silvio pechan a sexta tempada de Bueno Carallo Bueno desde o Centro Galego de Barcelona, como xa empeza a ser tradición. Desta volta montaron o seu Cherengueto de Camesolas e venderon os primeiros exemplares das camisolas oficiais do programa. Ademais, Pablo Casal colleu os mandos da nave e someteunos a un test de galeguidade tan particular como necesario. Tamén houbo tempo para falar do Mundial, do Papa León, de celebrar o ascenso do Celta Fortuna e de que Manoli adivinase o nome dun xogador da selección do Congo. Moi futbolera, ela. Un directo con público, retranca, camisolas e moitas sorpresas. En redes, en @carallobueno
6x13 - DENÁMECO DE BOCAREST
2026/05/29
Silvio e Alberte estrean a Summer Edition do BCB na terraza do primeiro. Obrigado especial do ascenso do Dépor, promoción dos próximos eventos, cidades con nome de vella e máis desvaríos, propios do espazo e das altas temperaturas. Un programa para fluir, rir e desaprender o galego. Nas redes todas, en @carallobueno
6x12 - BAR LA CORUÑA
2026/05/08
Silvio e Alberte unha vez máis de paseo, ao máis puro estilo "gobelado", nunha nova edición de Estirando as pernas. O escenario nesta ocasión é o Clot (barrio barcelonés de moda): o seu epicentro, unha libraría con algo de literatura galega e o bar La Coruña. Silvio en modo bipolar e Alberte cheo de cansanzo. Imposible resumir o contido, só unha ilusión: poder contar con Henrique Monteagudo (presidente da RAG) no inicio da nova tempada. ESCOITA, HENREQUE!
BCB 6x11 - Cherengueto de gogones
2026/04/15
Silvio e Alberte encetan unha nova edición do mellor p**o podcast en galego do mundo, dispostos a facer un monográfico de fúbol. Pois ben, tardan máis de 20 minutos en sacalo tema. Antes falan, entre outras cousas, dos abusos da Igrexa. Así é este programa. Despois, si, arrinca o que de ben seguro será broma recorrente: o novo espazo deportivo titulado O CHERENGUETO DE GOGONES O que pasa a partir de aí non cabe nesta descrición.
BCB 6x10 - Poñetazo
2026/03/25
Silvio e Alberte levaban demasiado tempo sen sacar programa novo. Alguén tivo que dar un POÑETAZO na mesa e non foi outro que Chuck Norris (aka. Richard Wein). Este episodio pasará á historia por dous motivos: Alberte preparou algo e estrearon a canción 'A bata das vellas'. Ademais diso pasan polo programa Cañita Brava, Romario e ata José Luis Ábalos. Mi madriña, non están ben... En redes, @carallobueno!
BCB 6x09 - Deporte Goquei
2026/02/20
Silvio e Alberte presentan un novo programa, sendo fieis a súa audiencia e á periodicidade estricta á que nos teñen tan mal acostumados. Como estou escrivindo esta nota tres días despois da gravación non lembro absolutamente nin un dos temas que tratamos. Digo, tratan. O mellor, coma sempre, é escoitalo.
BCB 6x08 - Os Morangos
2026/02/04
Alberte e Silvio andan moi italianos e mediterráneos últimamente. Aínda así, os dous teñen previsto viaxar a Galicia proximamente. Neste episodio contan cando e por qué. Falan da actualidade galega, moi pasada por auga, chistes de pirolas e Manuel Fraga na lista de Epstein. Homenaxean a figura do patrón do país e despídense coa canción de moda, "Tutto per tu". Nas redes todas, en @carallobueno.
BCB 6x07 - Tutto per te
2026/01/21
Silvio e Alberte falan do 2026, do moito que lle gustan a un os anos pares e o pouco que lle chistan ao outro. Sí, o que sabemos do novo ano é que trae a mesma merda de sempre. Maduro, John Lennon, nomes italianos inventados... todo iso e moito máis nunha nova entrega do mellor p*** podcast en galego do mundo. A ver, a eles véselles que o pasan ben, se serve iso de algo. Dixemos que non había novidades? Mentira, estrean sintonía. Mellor estar aquí que escoitando a terraplanistas. En redes, coma sempre, en @carallobueno.
BCB 6x06 - Comedoira de Uvas
2026/01/02
Silvio e Alberte encetan o ano podcasteiro a día 2 de xaneiro, para que despois se diga que non hai compromiso. Aproveitaron a reunión para ir xantar despois, porque se coñece que non tiveran paparotadas abondo. No primeiro programa do 2026 dá tempo a falar do mal que paparon as uvas o 31, de virus, de gañar á vez a Medalla Castelao e Creu de Sant Jordi e de colofón, comentar aspectos relacionados cos Xogos Paralímpicos. Eles tampouco saben por que... Non faltaron os concursos e os xogos de palabras de mierda. Débense ao seu póbleco . En redes, en @carallobueno!
BCB 6x05 - Nos Premios Ondas!
2025/11/28
Silvio e Alberte convidados aos Ondas. Ben, Alberte convidado aos Ondas convidando a Silvio a ir con el de acompañante. Ben, Alberte suplicando unha invitación aos Ondas para quedar ben con Silvio. E o resto é historia. Levarían o Ondas a Mellor Podcast? Spoiler: NON
BCB 6x04 - Rosalía é galega
2025/11/19
Silvio e Alberte nunha nova edición do mellor p*** podcast en galego do mundo. Na edición número catro da sexta temporada, o de Grou e o de Anguieiros falan de... Goder! Cada vez é máis difícil facer a descripción dos "capétolos". Falan rarísimo, xa non se entenden nin entre eles, e de tantas sandeces que enumeralas é imposible. O mellor/peor que podedes facer é escoitalo e sacar as vosas propias conclusións. En redes, coma sempre, en @carallobueno
BCB 6x03 - Fillos do Magosto
2025/10/31
Silvio e Alberte, nunha nova edición de Estirando as pernas, camiñan por Gràcia, en Barcelona, un tipo de barrio dos que en Galiza non hai. Nin falta que fai. Falan de rumba, dos Testigos de Jehová e das troulas de Alberte polo lugar. E iso só antes da intro. Despois dá tempo de tratar moitas máis trapalladas e rematar nun bar do Celta cun dos concursos máis loucos do programa. Estes dous saíron a andar una hora e acabaron tomando unhas garimbas, todo o deporte que farán no ano. Seguídeos, que como vedes non van moi lonxe. E recorda, nas redes todas, en @carallobueno
BCB 6x02 - A Ricottaberna
2025/10/15
Silvio e Alberte encetan este programa falando de merda, e de aí para arriba. Fíxate se será importante o episodio, que ata Alberte trouxo sección. O nunca visto! Ademais falaron do ego, de Manuel Rivas, da serie Fariña e da educación sexual dos veciños de Grou (Baixa Limia). Un capítulo que vades ter que escoitar dúas veces, porque a primeira non ides entender nada. Para variar! En redes, en @carallobueno
BCB 6x01 - Un bo Miura
2025/10/01
Silvio e Alberte volven coa SEXTA TEMPADA do Bueno Carallo Bueno, cando nin os máis ferventes seguidores lembraban xa que estes dous tiñan un podcast. Falan de horas de sono, de grilos e das ganas que compartían de volver atoparse para contar mierdas diante do micrófono. Silvio trae os seus habituais concursos e Alberte respostas incorrectas. Que esperabades? Que preparara unha sección? Benvidos á Season 6, unha tempada que, como as outras, non pediu ninguén. Nas redes todas, en @carallobueno
BCB 5x15 - Acabou a infusión
2025/07/08
Silvio e Alberte van a xantar e póñense a gravar. E pasa o que tiña que pasar, que falan dunha chea de sandeces e a Alberte fáiselle tarde para ir buscar a cativa. Chegará a tempo? Descúbreo no último episodio do mellor p*** podcast en galego do mundo. Un final de tempada á altura da movida en xeral. En redes, en @carallobueno!

Podcast reviews

Read Bueno Carallo Bueno podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Bueno Carallo Bueno relevant audience podcasts


What do you want to promote?