
Advertise on podcast: Radio Manoplas
This podcast has
75 episodes
Language
EnglishPublisher
Radio ManoplasExplicit
No
Date created
2021/01/29
Latest episode
2026/10/24
Average duration
27 min.
Release period
28 days
Description
Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.
Unlock Radio Manoplas podcast Email contact info,
Listeners & Audience details
Email contact information
Direct podcast contact details

Listeners
Audience numbers & engagement insights

Audience details
Podcast Insights

Podcast episodes
Check latest episodes from Radio Manoplas podcast
6×11 #RadioManoplas: Amador Fernández-Savater
2026/10/24
A undécima persoa entrevistada da sexta tempada é Amador Fernández-Savater.
Investigador independente, activista, editor e 'filósofo pirata' estivo en Vigo participando nas XI xornadas de Aseia na que convidou a pensar colectivamente sobre os vínculos, a escoita e as formas de estar coas adolescencias en tempos de incertezas.
Amador lembra que no instituto tivo unha época gamberra na que algúns docentes foron quen de encamiñar a súa enerxía e creatividade. Para el a filosofía cobra sentido cando parte de preguntar reais sobre a vida e axúdanos a nomear o que acontece na vida. Nos últimos anos entra en centros educativos onde entra en contacto con adolescentes dos que procura aprender e escoitar con seriedade e fondura, aspectos que estes agradecen nun mundo no que viven con moitas presións.
Pechamos a entrevista celebrando co tema: "Another brick in the wall" de Pink Floyd co que Amador anima a reinventar a escola.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na nos web: www.radiomanoplas.org
6×10 #RadioManoplas: “Pornografías, adolescencias e educación sexual”
2026/10/09
O décimo episodio da sexta tempada leva por título: “Pornografías, adolescencias e educación sexual".
Aproveitando a charla «A pornografía dominante a golpe de clic», organizada por Andaina o pasado 6 de outubro en Compostela, conversamos con dúas das poñentes.
Comezamos con Vanessa Rodríguez Pousada, psicóloga e sexóloga, presidenta de Sogasex e integrante de ASEIA. Despois, falamos con María Rodríguez Suárez, sexóloga, coordinadora do proxecto sexolóxico Rizoma e autora do libro "Por no educar. Una guía para abordar la pornografía desde la educación sexual".
Convidámosvos a escoitar e reflexionar sobre o papel da industria pornográfica, o lugar que ocupa na sexualidade e a súa función na educación sexual.
+info: https://radiomanoplas.org
6×9 #RadioManoplas: Sandra Fernández Carrera
2026/06/29
A novena entrevistada da sexta tempada é Sandra Fernández Carrera.
Vive en Santa Cristina (Oleiros), aínda que medrou pasando moito tempo nas rúas, nun contexto de forte pertenza comunitaria. Estudou INEF en Bastiagueiro e desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito da actividade física e da saúde.
Sandra conta as súas experiencias familiares. Están marcadas pola loita da súa nai, Dora, unha das impulsoras de Érguete, que buscaba alternativas para o seu fillo e para moitos outros. Sandra mamou na casa o compromiso e a loita contra as inxustizas. Anos máis tarde, tivo que afrontar retos semellantes na crianza dos seus fillos, un deles con parálise cerebral. Este camiño levouna a defender unha educación inclusiva. Hoxe imaxina e constrúe un futuro baseado en comunidades amplas e acolledoras.
Pechamos a entrevista celebrando a bravura de Sandra por poñer os desexos enriba da mesa e despedímonos coa canción "En plena calle", de Mr. Kilombo.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar na nosa web: radiomanoplas.org e nas principais plataformas de audio.
6×8 #RadioManoplas: Sandra Lamelas Trasancos
2026/06/18
A oitava entrevistada da sexta tempada é Sandra Lamelas Trasancos.
Vive en Navia, aínda que é orixinaria do Vicedo, municipio da Mariña Lucense. Traballa como directora de márketing nunha empresa do sector da construción, tras estudar en Pontevedra. Namorada dos idiomas, Sandra manifesta a súa tristura polo estado do galego.
Ten unha filla chamada Jimena, que naceu cunha enfermidade rara: a síndrome de Kabuki. Sandra, sen nomear o termo, explica con claridade o concepto de "able-passing". Sente que a súa filla "para o mundo da discapacidade é pouco discapacitada, pero para o mundo dos neurotípicos tampouco encaixa, ao tratarse dunha discapacidade que non se percibe tanto". Participou no proxecto Airea Líderes, onde compartiu varios fins de semana con persoas con discapacidade, familiares e profesionais dese ámbito.
Sandra fala tamén da soidade e das barreiras sistémicas coas que se atoparon e se atopan moitas persoas tras os diagnósticos, un escenario que obriga a destinar inxentes cantidades de enerxía e recursos para obter os apoios que as institucións non ofrecen ou que chegan con demora e atrancos.
Despedimos a Sandra, que se despide coa música dun grupo moi acaído para o tema tratado: María Fumaça, que interpreta "Convivindo".
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar na nosa web: radiomanoplas.org e nas principais plataformas de audio.
6×7 #RadioManoplas: Javier Erro
2026/06/01
A sétima entrevistada da sexta tempada é Javier Erro.
Conversamos co psicólogo valenciano que estivo na III Feira do Libro Anarquista de Pontevedra presentando o seu libro El malestar es otra cosa. A entrevista naceu, porén, a partir da publicación Saldremos de esta. Guía de salud mental para el entorno de la persona en crisis, un libriño creado coa intención de ofrecer ferramentas e apoio ás persoas que acompañan a quen sofre. Trátase dun texto esperanzador que moitas utilizamos como “libro dispositivo” en situacións de malestar.
Javier fala da natureza irredutible e imprevisible do sufrimento, ideas que lle resultaron útiles para entender o vivido durante a DANA. Este episodio puxo en evidencia tanto o abandono institucional como a forza das respostas populares e comunitarias. Os “encontros de malestares”, promovidos despois da DANA, procuraron colectivizar o sufrimento, crear redes de apoio e facilitar o intercambio de experiencias.
Antes de escoitar a canción “v0l” de Llebra, Javier reflexiona sobre o papel do poder nas relacións de axuda: máis que eliminalo, cómpre asumir a responsabilidade sobre el, procurando relacións horizontais e evitando calquera abuso de autoridade.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na web: https://radiomanoplas.org
6×6 #RadioManoplas: “Airea líderes, creando comunidades diversas”
2026/05/08
O sexto episodio da sexta tempada leva por título: “Airea líderes, creando comunidades diversas”.
Este programa recolle parte do vivido o 14 de marzo de 2026 nunha das xornadas de Airea Líderes, un programa de formación en liderado baseado en competencias para persoas adultas con discapacidade e familiares de crianzas con discapacidade do desenvolvemento.
Até un hotel de Brión cheguei grazas ao convite de Paula Verde. Pasei un sábado escoitando e conversando con persoas con experiencias de vida diversas, marcadas —na súa maioría— polo sufrimento de seren tratadas como diferentes e/ou estrañas. Porén, as participantes de Airea son quen de construír discursos, compartir reflexións e promover dinámicas que contribúan a facer das nosas comunidades espazos acolledores da diversidade.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: radiomanoplas.org
6×5 #RadioManoplas: “Detencións policiais ás portas da casa”
2026/04/06
Quinto episodio da sexta tempada, titulado: “Detencións policiais ás portas da casa”.
Neste programa unímonos a Radio Pimienta para presentarvos un episodio especial. A través das voces de María González Reyes, veciña de Serigne Mbaye, e de Sergio García García, membro de Sin Poli, escoitaremos as súas vivencias e reflexións tras a detención de Serigne e doutras seis persoas diante da súa casa o pasado 25 de marzo de 2026.
Agardamos que este episodio convide á reflexión e á conversa sobre como crearmos comunidades nas que o policial e o militar tendan a cero nas nosas vidas.
Pensamos que estas verbas de Serigne Mbaye poden ser de axuda: “na súa escola ás veces van policías para dar obradoiros. Está ben para ensinarlles como cruzar ou non, pero é complicado cando lles din que a policía é boa porque para aos delincuentes. Entón, ten que saber que a min páranme sen facer nada. Que a moitas persoas negras páranlles sen facer nada, só por ser negras. Teno que saber porque non queremos que pense que hai algo malo nela, en nós, pola nosa cor de pel, Ten que saber que é o sistema o que falla, que é culpa do racismo estrutural”.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas de audio e na web: www.radiomanoplas.org
6×4 #RadioManoplas: Anna Gabriel i Sabaté
2026/03/22
A cuarta entrevistada da sexta tempada é Anna Gabriel i Sabaté.
Gústalle falar de Sallent, un pobo do interior de Catalunya cunha forte tradición de loitas obreiras, onde Anna medrou. Lembra a súa infancia e a súa formación na escola pública, marcadas polos valores de solidariedade e compromiso político que mamou na casa.
Aos dezaseis anos, influída polas tensións entre as distintas tribos urbanas nas rúas e, sobre todo, impactada polo dano causado polas adiccións en persoas con grande potencial, decide estudar Educación Social, ámbito no que traballa en diferentes áreas. Máis tarde, cursa tamén estudos de Dereito, nun camiño que afondaba na militancia política coa CUP, onde asumiu responsabilidades tanto a nivel municipal como no Parlamento, desempeñando un papel relevante durante o procés. Ser unha das caras visibles durante ese período levouna a cinco anos de exilio en Suíza.
Antes de despedirse co tema "Gimme Hope Jo'anna", de Eddy Grant, Anna fala da importancia e do sentido que a militancia lle deu á súa vida.Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na web: https://radiomanoplas.org
6×3 #RadioManoplas: Alejandra Morán Tenreiro
2026/02/10
A terceira entrevistada da sexta tempada é Alejandra Morán Tenreiro.
Naceu e medrou en Fene, concretamente no barrio de San Valentín. Estudou Terapia Ocupacional e, desde hai dez anos, traballa no CAI (Centro de Atención Infantil e Xuvenil) de APAMP en Vigo, onde atenden crianzas con parálise cerebral e outras discapacidades, así como nenas e nenos en situación de vulnerabilidade.
Alejandra suliña a importancia do enfoque e da mirada profesional desde a que se intervén. No seu caso, destaca o valor do contexto social e familiar e a súa influencia no desenvolvemento das crianzas. Defende un posicionamento no que a información e a defensa dos dereitos resultan imprescindibles nunha abordaxe profesional que vai máis alá do estritamente terapéutico. Alejandra afonda tamén na relevancia do acompañamento ás familias e da intervención no contexto educativo das crianzas.
Para pechar a entrevista, Alejandra escolle “Ama, ama y ensancha el alma” de Extremoduro, porque considera que, nun mundo cada vez máis polarizado, é necesario “amar máis que odiar, romper moldes” e tamén “decidir en que parte da historia queremos estar”.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: radiomanoplas.org
6×2 #RadioManoplas: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”
2026/02/03
Segundo episodio da sexta tempada titulado: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”.
Na primeira tempada entrevistamos a Eva Pallás Figueira, e tras máis de cinco anos, volve pasar polos micros deste falangullo. Xunto con Lorena García Nantes, avogada do sindicato CUT, debullan a sanción imposta pola Xunta a esta cociñeira da escola infantil Rosalía de Castro.
Eva foi sancionada por avisar a unha nai de que a súa filla sufrira condutas inadecuadas por parte dunha educadora. Para a traballadora, esta actuación responde á súa obriga moral de protexer á nena, mentres que para a Xunta supón unha vulneración da confidencialidade, razón pola que a sancionaron. Eva e o sindicato denuncian que se está penalizando a quen alerta sobre posibles neglixencias, polo que recorrerán a sanción e continuarán as mobilizacións, incluíndo unha concentración diante da escola o xoves 5 de febreiro de 2026.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na web: https://radiomanoplas.org
6×1 #RadioManoplas: Leticia Castro Torres
2026/01/26
Iniciamos a sexta tempada coa entrevista a Leticia Castro Torres.
Medra en Boqueixón, entre as mesas do bar Casa Castro, unha iniciativa familiar que resiste no rural e evoluciona da man de tres xeracións. Leti traballou dous anos e medio na súa cociña, tarefa que compaxinou co seu emprego como educadora social no Plan Galego de Inclusión. Malia as limitacións e condicionantes do sector, pula por humanizar o trato das persoas que atende.
Sempre unida a espazos antirracistas e de defensa dos dereitos das persoas migrantes, iniciou o seu camiño co achegamento a Amarante ONG e que hoxe continúa no Foro Galego de Inmigración. Moitas tivemos a sorte de participar en espazos dinamizados por ela xunto a Mari Fidalgo, froito dos saberes adquiridos tras formarse en facilitación e de experiencias diversas, sempre coa mirada posta nos feminismos e transfeminismos.
Nos últimos anos adentrouse no activismo gordo e, froito desta militancia, embarcouse na coordinación do libro "Razóns de peso", xunto a Andrea Nunes, que recolle obras de diversa autoría sobre o tema.
Leti é unha desas persoas imprescindibles e inspiradoras que melloran a vida de todas. Para despedir a conversa escoitamos a panxoliña titulada “Oliveira ardendo”, de Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra.
Podedes escoitar o episodio nas principais plataformas de audio e na nosa web: https://radiomanoplas.org
5×13 #RadioManoplas: “Construírmos un mundo sen prisións”
2026/01/19
Pechamos a quinta tempada cun faladoiro titulado: “Construírmos un mundo sen prisións”.
O episodio foi gravado no Centro Social A Nubeira, no marco das xornadas anticarcerarias. Nesta conversa contamos coas voces de Xandra Táboas (Coordinadora Anticarceraria da Galiza), Alicia Alonso Merino (Baladre) e Raquel Crespo (Esculca).
Comezamos a conversa con Alicia, que nos presenta tres publicacións de Zambra y Baladre Ediciones arredor do mundo das prisións: "Por qué abolir la cárcel. Las razones del movimiento No Prison", "Feminismo Anticarcelario. El cuerpo como resistencia" e "Yo, la prisión, ¡Confieso! Una dramaturgia absurda sobre la inabsurda abolición de las prisiones".
Xandra comparte o traballo do movemento anticarcerario na Galiza, así como das persoas e colectivos que amosan a súa solidariedade coas persoas presas mediante espazos de formacións e accións, como as marchas a Teixeiro e A Lama.
Pola súa parte, Raquel preséntanos o labor de Esculca (Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades), que nunha das súas liñas de acción céntrase nas vulneracións de dereitos que se producen dentro das prisións, como é o caso do réxime de primeiro grao.
Coas tres reflexionamos sobre o sentido das posicións abolicionistas e abordamos a necesidade de afondar en respostas antipunitivistas e non violentas.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: www.radiomanoplas.org
5×12 #RadioManoplas: “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?”
2026/01/13
O duodécimo programa da quinta tempada é un especial titulado “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?”
Con este episodio ampliamos o equipo deste falangullo coa incorporación de Martín. Xunto a el, iniciamos Radio Manoplas Accións Comunitarias, da que podedes saber máis na nosa web.
Ambos compartimos reflexións e dúbidas sobre o tipo de respostas que as nosas sociedades ofrecen no coidado das persoas maiores que precisan apoios. Co ánimo de coñecer mellor esta realidade, decidimos aceptar o convite que nos fixera o centro de día de Coia. Alí pasamos unha mañá conversando con profesionais e con persoas que acoden diariamente ao centro.
O obxectivo da visita —e tamén deste episodio— é buscar respostas, ou cando menos procuralas colectivamente, a preguntas arredor da dependencia, da independencia e da interdependencia. Cuestións que quizais poidamos resumir nunha soa: que vellez desexamos?
Neste episodio escoitamos a Mari Carmen e Óscar, veciñas de Coia. Participaron tamén Fina, Tere e Lucía, que acoden todos os días ao centro de día, e Marta, terapeuta ocupacional que traballa nel. Moitas grazas a todas as que falaron connosco, ás que nos escoitaron e a todas as que axudaron na elaboración deste falangullo.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.
+info: www.radiomanoplas.org
5×11 #RadioManoplas: Manolo S. Bayona
2025/12/09
A undécima entrevistada da quinta tempada é Manolo S. Bayona.
Nace e medra no barrio da Sagrada Familia, na cidade da Coruña, mais a súa vida moveuse —e móvese— por diversos territorios acompañando a súa tarefa en Baladre, coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social.
Este pódcast non se entende sen Nosotras las Personas, o programa que Baladre realiza en Radio Pimienta. Nese espazo, Manolo conduce unha sección na que conversa con persoas para afondar nas súas militancias desde unha perspectiva persoal.
A súa vida reflicte un posicionamento político no que o traballo sempre estivo por diante do emprego. Manolo conxuga a vida en primeira persoa do plural, arrodeado de persoas —con nomes e apelidos— que completan as súas carencias e, en definitiva, enriquecen a súa presenza neste camiño.
Antes da música, falamos sobre como pensa e desexa os seus días finais. Pechamos a entrevista coa peza “Todo se quema”, de León Gieco.
+info: https://radiomanoplas.org
5×10 #RadioManoplas: Elisabeth Matute
2025/09/30
A décima entrevistada da quinta tempada é Elisabeth Matute.
Naceu en Honduras e leva xa máis de catro décadas vivindo na Galiza. Daquela, cando chegou, non existía a lei de estranxeiría e nestes lares a súa presenza causaba estrañeza.
Elisabeth participa en SINTRAHOCU, sindicato de traballadoras do fogar e os coidados, que naceu hai catro anos en momentos de pandemia. Xurdiu para artellar respostas, desde as propias implicadas, fronte á desprotección que padecían as traballadoras dun sector esencial para a vida. SINTRAHOCU é un sindicato no que se organizan traballadoras do fogar, na súa maioría procedentes de diferentes países do continente americano. Alí autorganízanse, aprenden e comparten coñecementos na defensa dos seus dereitos. É tamén un espazo de encontro e apoio mutuo, que lles ofrece seguridade para afrontar moitas das dificultades ás que se enfrontan: atrancos para se empadroar, problemas para acceder a unha vivenda… en definitiva, para poder vivir con dignidade.
Fan política tecendo relacións con outras e dándolle valor ao comunitario, algo fundamental para mulleres que desempeñan tarefas illadas e en solitario, o que demasiadas veces repercute no seu estado emocional.
É unha sorte contar con persoas e movementos que contribúen a mellorar as nosas sociedades. Para botar o peche escoitamos a Roberto Carlos cantando "Yo solo quiero (un millón de amigos)".
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en: www.radiomanoplas.org e nas principais plataformas de audio.
Podcast reviews
Read Radio Manoplas podcast reviews
Podcast sponsorship advertising
Start advertising on Radio Manoplas relevant audience podcasts
You may also like to advertise on these Podcasts

4.6137861999
The Rubin Report
Dave Rubin

4.762612000
The Lawfare Podcast
The Lawfare Institute

4.7278862000
The Matt Walsh Show
The Daily Wire

4.6652652197
The Charlie Kirk Show
Charlie Kirk

4.732751992
The President's Daily Brief
The First TV

4.930892000
The Quote of the Day Show | Daily Motivational Talks
Sean Croxton

4.736041320
The Bonfire with Big Jay Oakerson and Robert Kelly
SiriusXM

4.858241932
Sara Gonzales Unfiltered
Blaze Podcast Network

4.853582000
Men In Blazers
Men In Blazers

4.922441850
The Ten Minute Bible Hour Podcast
Matt Whitman