1571324961
No fondo

Advertise on podcast: No fondo

This podcast has
56 episodes
Language
English
Explicit
No
Date created
2021/06/08
Latest episode
2022/04/04
Average duration
15 min.
Release period
7 days

Description

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.

Unlock No fondo podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from No fondo podcast


No fondo: capítulos de 41 a 51
2022/04/04
Agrupación dos derradeiros once capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.
Capítulo 51. O mar sempre volve ó seu
2022/04/04
Este é o derradeiro capítulo da novela No fondo, e non vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido e iso que eu son desas ás que lles gusta saber o final para valorar se a historia paga a pena. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os cincuenta capítulos anteriores, ou, ou que os vaias escoitar se miraches o final no libro e pensas que vai pagar a pena (Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo).
Capítulo 50. Tempo de desconto
2022/03/28
Xiana, Salva e Carlos quedan no Porto de Lorbé mentres ven desaparecer a lancha que as trouxo na escuridade da noite, poñendo punto final á historia do tesouro, á gaita da conspiración, á leria da Little Venice e á todo o que tiña que rematar; e aínda así, espera atopar a Ramón ó chegar á súa casa.
Capítulo 49. Conta atrás
2022/03/21
Andrés bota a correr aproveitando que Carlos se distraiu ca presencia de Xiana e Salva. Cando Carlos nota a súa falta bota a andar polo hangar seguindo uns pasos que escoita ó fondo dun corredor. Xiana e máis Salva van detrás del sen decatarse de que cada vez está máis escuro, de que descoñecen o que as agarda dentro e de que xa non saben por onde hai que saír.
Capítulo 48. Contrarreloxo
2022/03/14
Carlos leva a Andrés collido polo pescozo e a punta de pistola ó hangar dos helicópteros plegables, para que lle dea os cartos dos que lle oiu falar ó seu sogro. E, pese ás advertencias de Carlos, Xiana y Salva van detrás deles e cando entran no hangar, ven a Carlos dando voltas mirando ó teito desesperado.
Capítulo 47. Adrenalina
2022/03/07
Xiana desperta no chan da súa casa diante de Sandra, Salva, Paco, Alberto, Andrés e Alicia. A parte da sorpresa alegre de volver ver a Sandra despois duns días sen saber dela e a vergoña de despertar espida diante de tanta xente, vai levar un bo susto.
Capítulo 46. Tocando fondo
2022/02/27
Despois de entregarlle as escrituras á Concellala van á casa de Xiana, ela desconfía da actitude de Ramón, pensa que el sospeita algo das escrituras que lle roubou, pero, en realidade, a cousa non vai por aí.
Capítulo 45. Poder
2022/02/21
No camiño da casa de Argimiro ó punto de entrega das escrituras á concellala, Xiana sinte o poder das escrituras e cae na tentación de coller tres delas, aproveitando que Ramón está concentrado en chegar a tempo. O problema vai ser atopar onde agochalas para que Ramón non a descubra.
Capítulo 44. Argimiro reload
2022/02/14
Unha vez Ramón se "decata" de que as escrituras non son auténticas volven á casa de Argimiro, entra adoecido e ameázao con destruír o máis preciado que ten se non lle entrega as escrituras verdadeiras.
Capítulo 43. Argimiro disconection
2022/02/07
Xiana e Ramón volven ca carpeta das escrituras que lles dou Argimiro. Fan unha parada no hotel de Ramón onde éste selecciona unhas escrituras, que lle dá a Xiana para gardar mentres el vai entregarlle á Concellala a carpeta co resto das escrituras. Por pasar o tempo, Xiana, xa na súa casa, bótalle un ollo ás escrituras que colliu Ramón.
Capítulo 42. Argimiro conection
2022/01/31
Argimiro é un funcionario gris dos funcionarios grises de toda a vida, con sona de home íntegro porque nunca ansiara participar nas intrigas do Concello. É por iso que as concellalas pensan nel para que lles bote unha man co das escrituras, poñendolle ó alcance da man unha oportunidade que nunca soñara.
Capítulo 41. Amencer
2022/01/24
Xiana e Ramón despertan no Dique de Abrigo, o bosque desapareciu e a marea está baixando. Ramón fala ca concellala para averiguar a identidade do seu cómplice e quedan con el para falar das escrituras.

Podcast reviews

Read No fondo podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on No fondo relevant audience podcasts


What do you want to promote?