1719798656
Todos os podcast | Galicia por diante

Advertise on podcast: Todos os podcast | Galicia por diante

Categories
Country
United States
This podcast has
1909 episodes
Language
English
Publisher
AGalegaAudio
Explicit
No
Date created
2023/12/05
Latest episode
2026/10/16
Average duration
33 min.
Release period
1 days

Description

Podcasts do informativo da Radio Galega "Galicia por diante" presentado por Luís Ojea e Celia Rúa. Con seccións como "As claves do día", "A volta a Galicia" ou "Caixón de xastre" e cos enfoques da actualidade dos colaboradores do programa.

Unlock Todos os podcast | Galicia por diante podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Todos os podcast | Galicia por diante podcast


Galicia por Diante 16-10-2026
2026/10/16
Bieito Rubido: A vivenda na precampaña
2026/10/16
O director de El Debate analiza os últimos movementos na precampaña.
As claves do venres, con Luis Ojea
2026/10/16
Consello da Xunta extraordinario para aprobar Proxecto Orzamentos 2027. Movementos na esquerda á esquerda do PSOE para forman coalición de cara ás xerais. O ABC di que houbo esta semana nova entrada dunha patrulleira marroquí en augas españolas. As pensións na precampaña e os negocios inmobiliarios da parella da voceira do PSOE.
María Bastida: REE prohíbelles ás eléctricas parar centrais para mantemento
2026/10/16
A profesora Bastida fai a seguinte análise: "Fíxense que situación tan curiosa. España produce tanta electricidade renovable que ao mediodía hai momentos nos que os prezos se afunden. E, con todo, Rede Eléctrica está poñendo trabas a que as centrais de gas, nucleares e de bombeo paren para facer as súas revisións. E por que? Pois porque as precisa dispoñibles. Tanto para producir enerxía como para manter estable a rede. Desde o apagamento de abril de 2025, o operador prefire ter máis centrais deste tipo conectadas, porque son as que mellor controlan a tensión do sistema. E isto debería facernos pensar. Levamos anos falando de canta enerxía renovable instalamos, pero quizais nos preocupamos menos do que pasa cando non hai sol, non sopra o vento ou aumenta a demanda. Unha cousa é producir moita electricidade e outra ben distinta é tela dispoñible ás nove da noite dun día de inverno sen vento. Ademais, vemos que Rede Eléctrica está recorrendo cada vez máis ás grandes industrias para que reduzan temporalmente o seu consumo. É un mecanismo previsto e remunerado, e probablemente máis barato que ter outra central acesa por se acaso. Pero o dato chama a atención: no que vai de ano activouse once veces, nove delas desde xullo. E nin sequera se consegue toda a flexibilidade que o operador solicita nas poxas. Isto condúcenos a pensar que non abonda con producir electricidade barata, debe garantirse que estea dispoñible cando se necesita. E iso require redes, baterías, bombeo, interconexións con Europa e centrais de respaldo. Todo iso custa cartos, e alguén terá que pagar a quen está dispoñible, non só a quen produce. Así que a transición enerxética está moi ben, pero hai que facela con cabeza. De pouco nos serve presumir de electricidade barata ao mediodía se ao anoitecer temos que pedirlles ás fábricas que apaguen as máquinas. E, sobre todo, antes de pechar centrais que aínda necesitamos, conviría estar seguros de que temos con que substituílas."
Ricardo F. Colmenero: A vivenda e Montse Mínguez
2026/10/16
O xornalista de E Mundo analiza a controversia xerada sobre a parella da voceira do PSOE e os seus negocios inmobiliarios.
Paula Chouza: As pensións na precampaña
2026/10/16
A xornalista de El País analiza a controversia das pensións no debate de precampaña.
Bieito Rubido: A fragata marroquí e o CIS
2026/10/15
O director de El Debate analiza os últimos casos polémicos e os datos do CIS .
As claves do xoves, con Luis Ojea
2026/10/15
Os reis por primeira vez en Melilla. Polémica a conta da fragata marroquí que entrou en augas territoriais españolas canda a entrada masiva de persoas dende Marrocos. Polémica sobre a parella de Montse Mínguez, voceira do PSOE, e o tema da vivenda. Movementos na precampaña.
Galicia por Diante 15-10-2026
2026/10/15
María Bastida: Outras propostas sobre vivenda
2026/10/15
A profesora Bastida afirma que "Volvemos co tema da vivenda, desta volta en positivo. Porque estamos tan afeitos a falar de prezos imposibles e alugueiros disparados que case nos resignamos a pensar que é un problema sen solución. E resulta que hai cidades que están demostrando que si a ten. Viaxemos ás antípodas. A Auckland, a cidade máis grande de Nova Zelandia. Hai uns anos, a súa poboación medraba, chegaba xente de fóra, aumentaba a demanda de vivenda e os prezos disparábanse. Nada que non nos soe. Que fixeron? Cambiaron as normas para permitir construír máis vivendas no solo que xa tiñan. Por exemplo, onde antes só se podía construír unha casa unifamiliar, empezaron a permitirse varias vivendas. E nalgunhas zonas autorizáronse edificios máis altos. É dicir, en vez de agardar a desenvolver novos barrios nos arredores, decidiron aproveitar mellor a cidade que xa existía. E que pasou? Pois que se empezou a construír moito máis. En cinco anos, os permisos para novas vivendas por habitante practicamente se duplicaron respecto do que se estima que tería ocorrido sen a reforma. E os estudos calculan que, oito anos despois, os alugueiros eran un 23 % inferiores aos que terían sido se non se cambiasen as normas. Ollo, non quere dicir que baixasen un 23 %, senón que se evitou que subisen tanto. Imos agora a Austin, en Texas. Outra cidade que medrara moitísimo e onde atopar vivenda se estaba convertendo nun problema serio. Alí tamén facilitaron a construción, permitindo máis vivendas en determinadas parcelas e simplificando as normas urbanísticas. Entre 2015 e 2024, Austin aumentou o seu parque de vivendas un 30 %. E despois de anos de subidas, os alugueiros empezaron a baixar. Non por decreto, senón porque empezaron a existir máis alternativas para quen buscaba casa. E que podemos aprender nós? Pois, para empezar, que non sempre fai falta buscar solo novo e construír unha cidade desde cero. Ás veces temos soares onde se podería construír máis, edificios que poderían gañar algunha planta, inmobles que poderían transformarse en vivendas ou parcelas onde só permitimos unha casa cando poderían caber varias. Por suposto, construír máis esixe planificación. Fan falta transportes, servizos, saneamento e equipamentos. E tamén financiamento, empresas construtoras e seguridade xurídica. Ninguén está dicindo que sexa tan sinxelo como permitir levantar tres plantas máis. Pero o exemplo destas cidades demostra que a escaseza de vivenda non é necesariamente unha condena. Que as normas poden cambiarse. E que, cando facilitamos que a oferta responda ás necesidades da poboación, os resultados poden notarse. A vivenda ten solución. E unha parte importante desa solución consiste, sinxelamente, en permitir que se constrúan máis vivendas onde a xente quere vivir. E facilitalo."
José Manuel Estévez-Saá: Barcos marroquís en augas españolas
2026/10/15
O profesor aborda a situación tras a entrada en augas españolas de barcos militares marroquís.
Ricardo F. Colmenero: A esquerda á esquerda do PSOE
2026/10/15
O xornalista de El Mundo aborda as negociacións entre Podemos, ERC e Frente Amplio.
Cabinas con IA
2026/10/15
Unha cabina telefónica con intelixencia artificial permite falar cun personaxe situado no ano 2147. É unha instalación creativa con selo galego que xa colleitou éxitos internacionalmente. Cóntanos máis Silvia López.
As claves do mércores, con Luis Ojea
2026/10/14
Visita dos Reis a Ceuta. Reaccións. O goberno limita a un feito "puntual" a entrada de fragatas marroquís en augas españolas a finais de xullo. Segue a controversia a conta da chamada Lei de netos. Proseguen as negociacións na esquerda á esquerda do PSOE coa Frente Amplio e Podemos-ERC.. En Galicia, López Orozco postúlase para volver ás listas.
Bieito Rubido: Filipe VI e Letizia en Ceuta
2026/10/14
O director de El Debate analiza a histórica visita a Ceuta dos reis de España.

Podcast reviews

Read Todos os podcast | Galicia por diante podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Todos os podcast | Galicia por diante relevant audience podcasts


What do you want to promote?