1735564367
Todos os podcast | Mar de ardora

Advertise on podcast: Todos os podcast | Mar de ardora

This podcast has
123 episodes
Language
English
Publisher
AGalegaAudio
Explicit
No
Date created
2024/03/12
Latest episode
2026/10/10
Average duration
58 min.
Release period
12 days

Description

Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.

Unlock Todos os podcast | Mar de ardora podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Todos os podcast | Mar de ardora podcast


Mar de Ardora 10-10-2026
2026/10/10
Arranca a campaña marisqueira en Noia. O Servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo no marisqueo. Impulsan desde el Centro de Investigacións Mariñas un proxecto que desenvolve novos suplementos alimentarios para mellorar o benestar dos peixes no cultivo. Cambios na normativa de arrastre a partir do ano 2028.
Mar de Ardora 03-10-2026
2026/10/03
Comeza en Vigo unha nova edición de Conxemar. Visitamos Carril para coñecer a historia das conservas "Os Peperetes". A campaña da ameixa rubia na ría de Arousa. Os puntos limpos mariños de Oia.
Mar de Ardora 26-09-2026
2026/09/26
Os efectos da alta temperatura do mar nos ecosistemas galegos. Consellos para os problemas asociados ao marisqueo a pé. O problema da remuda xeracional na pesca e os cambios no sector fareiro.
Mar de Ardora 19-09-2026
2026/09/19
Novas medidas contra a sinistralidade no mar. Novo proxecto de acuicultura rexenerativa. A tradición da carpinteiría de ribeira.
Mar de Ardora 12-09-2026
2026/09/12
Coñeceremos como se sementan os bancos marisqueiros para favorecer a súa recuperación, analizaremos a preocupación da frota do cerco pola escaseza da cota de sardiña e descubriremos dez razóns científicas para consumir peixe habitualmente. Ademais, abordaremos os efectos do quecemento das augas sobre especies como o polbo e coñeceremos o traballo do CETMAR para transformar o sargazo, un grave problema nas costas do Caribe, nun recurso con novas posibilidades de aproveitamento.
Mar de Ardora 27-6-2026
2026/06/27
Proximamente sairá do prelo o libro "Un mar de curiosidades", unha obra que ten o seu cerne na colaboración do biólogo Javier García Galdo neste programa. A zamburiña está desaparecendo do banco natural que se explota na ría de Ferrol. Contámoslles como o Insttuto de Investigacións Mariñas está buscando as razóns. Falamos do proxecto Hippo-REF, que procura crear no porto de Vigo un refuxio para cabaliños de mar. Outro estaleiro familiar cesa a súa actividade. Coñecemos a historia do taller Amado, do Freixo, en Outes. Un dos mellores lugares para observar a eclipse do 12 de agosto é a bordo dun barco. A capitá da mariña mercante Alsira Salgado explícanos as vantaxes de ollalo dende o mar e das precaucións que debemos adoptar.
Mar de ardora 22-06-2026
2026/06/22
O Consello Regulador do Mexillón de Galicia pon en marcha SEBAM, unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a contribución ambiental, oceanográfica, social, económica e cultural do cultivo do mexillón. Ángeles Portabales fálanos deste proxecto. Visitamos Conxemar Lab, a aula interactiva e educativa impulsada en Vigo por Conxemar para achegar o mundo do mar a nenos e nenas de entre 7 e 11 anos. Onde desova a pescada ibérica? A resposta está nun estudo do Centro Oceanográfico da Coruña. O investigador Asier García cóntanos que os neandertais se alimentaban tamén de moluscos. Interesámonos pola nova etapa do criadeiro de molusco do Vicedo. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, responde algunhas das preguntas tópicas que nos facemos cada verán: por que chega tanto lixo ás praias? que facer cando nos pica unha faneca ou unha medusa?
Mar de ardora 15-06-2026
2026/06/15
A Universidade de Vigo demostrou que a cría da centola en catividade pode ser rendible. Neste programa falamos do proxecto MAJA, que conseguiu completa-lo ciclo de cría da centola dende a alimentación das larvas ao engorde dos exemplares adultos. Alberto Ordóñez lévanos a Ferrol e a Pontevedra para ensinarnos como se forma aos futuros peixeiros e aos cociñeiros de produtos do mar. David Fernández viaxa a Redondela para saber como foi este ano a campaña do choco. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, explícanos o que son os fondos mariños de cascallo ou coraliño e cal é a súa importancia biolóxica.
Mar de ardora 08-06-2026
2026/06/08
Francisco Fernández, da Organización de Produtores de Pesca de Marín, preséntanos Fishing Lab, un laboratorio de ideas que ten como obxectivo impulsar solucións innovadoras para o sector pesqueiro galego, aunando coñecemento, tecnoloxías e empresas ou centros de innovación. David Fernández explicaranos como se tentan recuperar os bosques mariños de laminarias na ría de Arousa. Coñecemos a Elena Martínez, unha galega que creou na República Dominicana unha empresa que recolle sargazo para convertelo en fertilizante. Alberto Ordóñez visita a Escola Náutico Pesqueira de Ferrol para ver como se preparan os futuros mariñeiros para afrontar situacións de risco a bordo. Comprobamos como se volve capturar vieira na ría de Vigo despois dunha década. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, fálanos das ilusións ópticas no mar.
Mar de ardora 01-06-2026
2026/06/01
Asistimos en Ribeira á xornada "Remuda xeracional: o futuro do mar". Acompañamos aos pescadores de anguía de Arcade. Analizamos co sector do cerco as razóns do descenso das capturas de xarda. O biólogo Javier García Galdo axúdanos a distinguir entre as diferentes especies de polbo. O director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, explícanos por que chegaron milleiros de caranguexos patexos a Cíes ou a Ons. O historiador José María Leal fálanos do papel dos fomentadores cataláns no desenvolvemento do sector pesqueiro no norte de Galicia.
Mar de ardora 25-05-2026
2026/05/25
O Centro de Investigacións Mariñas acaba de poñer en marcha no Vicedo un criadeiro de sementes de bivalvos. O director do CIMA, Carlos Gabín, cóntanos cal é a súa función. A caída da producción e a falta de relevo xeracional están poñendo en dificultades algunhas pequenas confrarías do país. Alberto Ordóñez exemplifica esta crise en dúas: a de Cariño, xa en fase de liquidación, e a da Pobra do Caramiñal, en risco de desaparición. Comezou a campaña do bocarte Embarcamos no Tercero dos Meros de Cambados para saber como se presenta. Coñecemos como é o bote salvavidas pechado, autónomo e insomerxible que xa están incorporando algúns barcos da cooperativa de armadores de Vigo. O biólogo Javier García Galdo explícanos cales son as adaptacións físicas necesarias para poder ver ben baixo a auga
Mar de ardora 18-05-2026
2026/05/18
Comezamos singladura en Vigo para coñecer Velas polo Alzheimer, un proxecto que utiliza a navegación como terapia para os que padecen esta doenza. Sobre el falamos cun dos seus creadores, Edgar Martínez, e o xerente de Julio Verne Náutica, Iván Pérez. Abordamos despois o proceso de transformación do estaleiro Triñanes de Boiro. O seu propietario, Gerardo Triñanes, xubílase e cédelle a xestión ao enxeñeiro Clemente Lage. Os dous cóntanos como a factoría evolucionou dende unha carpintería de ribeira a un estaleiro que constrúe modernos barcos de fibra. Imos á Mariña de Lugo, onde só quedan 12 mariscadoras a pé. Falamos cunha delas, Coté, sobre as dificultades para que haxa relevo xeracional. Comentamos a orde da Xunta que regula a xestión dos excedentes da actividade marisqueira e o noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, explícanos que pasa cos cadáveres dos grandes mamíferos mariños.
Mar de ardora 11-05-2026
2026/05/11
Galicia é coñecida polas súas conservas de produtos do mar. Hoxe imos coñecer a historia dunha marca que se converteu nunha referencia internacional no mercado gourmet. Falamos con Jesús Lorenzo, xerente da conserveira de Carril Os Peperetes. Comezou a veda do polbo tras unha campaña na que medraron as capturas e subiron os prezos na lonxa. Alberto Ordóñez pulsou o sentir do sector. A alga asiática, unha especie invasora que está a causar serios problemas en Andalucía, coloniza xa a costa galega. A profesora de botánica da USC, Pilar Díaz, explícanos que consecuencias pode ter a súa proliferación. David Fernández preséntanos o proxecto "Remuda xeracional: o futuro do mar", unha iniciativa orientada á captación de novas xeracións para garantir o futuro da actividade pesqueira e acuícola. O biólogo Javier García Galdo desvélanos por que os anfibios non poden vivir na auga salgada.
Mar de ardora 04-05-2026
2026/05/04
Os mariscadores de Pondeume andan á procura de sacarlle máis rendemento a un recurso que abonda na zona, a ostra rizada. Alberto Ordóñez cóntanos como tentan converter nunha oportunidade a proliferación dunha especie invasora. A investigadora do Instituto Español de Oceoanografía, Begoña Ben-Gigirey fálanos dunha guía internacional sobre o monitoreo de toxinas algais en moluscos bivalvos. Presentamos unha nova ferramenta para a xestión do ourizo, un dron que grava os bancos e analiza as imaxes para contar exemplares e estimar densidades. Coñecemos a Miguel Ángel García, un veciño de Oia que impulsa a creación de puntos limpos no litoral para recoller o lixo que chega á costa. Ademais, o biólogo Javier García Galdo desmonta con datos as noticias que afirman que as augas dos océanos Pacífico e Atlántico non se mesturan.
Mar de ardora 27-04-2026
2026/04/27
O Foro Galicia de Sostibilidade Gloibal de Produtos do Mar desenvolve unha nova edición en Vigo. Revisamos os seus contidos da man do seu director Ángel Matamoro. Alberto Ordóñez lévanos a coñecer o traballo dos mergulladores que extraen navalla da ría de Aldán. David Fernández cóntanos como se extraen as mostras dos bancos marisqueiros para saber o seu estado tralos temporais do inverno. Presentamos algunhas aplicacións de Intelixencia Artificial que comezan a utilizarse na industria da pesca. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, dinos todo o que queremos saber do peixe sapo.

Podcast reviews

Read Todos os podcast | Mar de ardora podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Todos os podcast | Mar de ardora relevant audience podcasts


What do you want to promote?