1075873473
Efervesciencia

Advertise on podcast: Efervesciencia

Rating
★★★☆☆
3
from
1 reviews
Categories
Country
United States
This podcast has
933 episodes
Language
English
Explicit
No
Date created
2016/01/15
Latest episode
2026/10/15
Average duration
58 min.
Release period
7 days

Description

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Unlock Efervesciencia podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Efervesciencia podcast


Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa
2026/10/15
(2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos. (18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conversamos con Carme Pacín sobre as algas como ferramentas para estudar a contaminación; con Pablo Vila sobre os patóxenos que afectan os peixes de acuicultura nun mar máis quente; con Alberto Gutiérrez sobre as bacterias que reciclan os nutrientes mariños; e con Carmen de Néboa Álvarez (USC) sobre os materiais didácticos e o patrimonio local. Un faladoiro sobre investigación, curiosidade e pensamento crítico. (45:47) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (47:54) Conectamos coa Open Science de Cambre para falar con Juan González, codirector da feira, e con Núria Muñoz Molina, profesora do Colexio da Inmaculada de Alxeciras. Coñecemos unha feira organizada pola mocidade, e tamén á nova asociación *Science on Stage* *España-Andorra*, que busca conectar docentes e compartir proxectos de ensino das ciencias.
Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio
2026/09/28
(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non viaxamos como no Pac-Man. Miguel García Álvarez (Mapas Milhaud) danos o contexto para entender a moción da ONU que aprobou, cun só voto en contra, a recomendación de uso de proxeccións equivalentes, como Equal Earth, para representar a terra en ámbitos educativos e de comunicación. (45:48) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (47:16) A nosa sexóloga Laura Veiga desmonta o mito dos exercicios de Kegel universais e responde por que pode atrasarse a regra sen embarazo. A nosa web oficial http://www.efervesciencia.org
Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza
2026/09/22
Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como estas disciplinas axudan a decidir nun contexto de incerteza. (15:51) Julio González Díaz, catedrático da USC, e Alberto Torrejón Valenzuela, investigador do IMUS da Universidade de Sevilla, explican como a optimización pode equilibrar eficiencia e equidade en rutas, redes enerxéticas ou distribución de recursos. (41:11) Efeméride do 6 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:23) Anabel Forte @bayesana.bsky.social (Universidade de Valencia) explica como a estatística bayesiana estivo relegada durante dous séculos, pero agora é unha ferramenta fundamental. Carmen Minuesa (Universidade de Estremadura) estuda procesos de ramificación para modelizar poboacións, epidemias ou células.
Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León
2026/09/06
(2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A súa traxectoria abrangue a investigación con láseres, os biomateriais para implantes e a conservación do patrimonio pétreo. (37:07) A eclipse total de Sol do 12 de agosto permitirá observar Mercurio, Xúpiter, Venus e estrelas que normalmente permanecen ocultas pola luz diúrna. Nolo conta Xabier Pérez Couto na Guía do Ceo de Verán. (50:38) Eva Cabanelas presenta a quinta edición de Ciencia Calidade, o concurso de monólogos científicos que celebrará a súa final en Ourense o 7 de novembro.
Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR
2026/08/19
Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e Mariña Guizán explícannos os proxectos Redux e Cibrina, centrados en reducir as capturas accidentais de especies ameazadas na pesca. (19:42) Clara Almécija desafía a Manuel Vicente a imitar os sons dos arroaces nun karaoke baseado nos datos reais do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia. (25:49) Paul Fontanet e Anxo Mena falan de planificación espacial marítima, da plataforma EMODnet e do cultivo experimental da ostra rizada en Galicia. (38:38) Ignacio González presenta a regata solar radiocontrolada para centros educativos, onde o alumnado constrúe barcos impulsados só con enerxía solar. (38:00) Lucía Fraga e Silvia Torres pechan o percorrido falando da escola Aixola, da batea monitorizada para o mexillón e do observatorio costeiro con sensores en tempo real.
Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais
2026/08/16
Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado para fabricar as celas de curvatura de arco, un elemento clave do futuro acelerador de 91 quilómetros de circunferencia. (23:27) O Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lembra a primeira lectura dun código de barras. (25:02) O noso paxareiro Nacho Munilla conversa co catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo Alberto Velando. Comentan un curioso estudo sobre se pintar ollos en tupper pode evitar que as gaivotas rouben a comida. Velando leva décadas estudando as gaivotas de Sálvora. O seu último traballo relaciona a saúde xenómica das gaivotas (medida a través dos telómeros) coa súa dispersión xuvenil. Nun traballo previo atoparan que os embrións de gaivota escoitan desde o ovo as conversas dos seus pais e modifican o seu desenvolvemento en resposta a elas.
Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade
2026/08/10
Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech e Estíbaliz Espinosa, quen tamén puxo voz a Medea e cantou acompañada do piano de Juanjo Fernández. Completan o elenco de voces César Goldi e Vicky Pérez.
Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti
2026/08/06
(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto Pérez Alberti, profesor emérito da USC e referente en xeografía física. Descubrimos como se reconstruíu a paisaxe das montañas e do litoral galego, desde glaciares de medio quilómetro de espesor ata a erosión acelerada que hoxe ameaza praias e infraestruturas. Pérez Alberti relata a súa traxectoria, as mudanzas tecnolóxicas na investigación e a súa experiencia na Antártida. (40:35) Víctor Tilve preséntanos o proxecto de ciencia cidadá Eclipse DSM para medir o brillo do ceo durante a eclipse do 12 de agosto.
Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic
2026/07/30
(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbaum Research Institute, que nos explica como a semaglutida mellora a saúde do fígado máis alá da perda de peso, abrindo novas vías para tratar a doenza hepática metabólica. (41:52) Con tristura lembramos ao noso colaborador e amigo Esteban Fernández Moreira, o noso domador do “Circo de Bacterias”, recuperando unha das súas primeiras intervencións sobre as sorprendentes estratexias sociais das bacterias.
Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa
2026/07/23
(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é unha unidade mixta de investigación entre o CSIC, Octolarve e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa. (30:21) O VIH xa non é o que era nos anos 80: grazas ao tratamento antirretroviral, unha persoa con carga viral indetectable non transmite o virus, mesmo sen métodos de barreira. Conversamos con Eva Poveda (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) sobre o proxecto VIH Ciencia Aberta, que combate o estigma e a desinformación a través de obradoiros, cómics e o podcast VIH Experts. (42:12) Laura Veiga aborda a relación entre ovulación e lesións deportivas, desmonta mitos sobre a masturbación e resolve dúbidas sobre anticonceptivos hormonais.
Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia
2026/07/22
A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS).
Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente
2026/07/21
(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa que implica factores psicolóxicos e sociais. Conversamos con María Teresa Carrillo e Alejandro Quiroz do Laboratorio de Cerebro e Dor da USC. Estes expertos desmontan mitos arredor da dor crónica e explican como a educación, o exercicio físico e as novas neurotecnoloxías, como a estimulación eléctrica transcraneal, están a revolucionar o seu tratamento. Coñecemos tamén o proxecto europeo PAINLESS, coordinado desde a USC, que busca opcións non farmacolóxicas para tratar a dor oncolóxica persistente. (45:46) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:55) Un traballo publicado en Current Biology estuda os pelos de Beethoven para intentar determinar a súa aptitude musical. Julio Rodríguez na súa Bitácora do Beagle advírtenos sobre as limitacións desta clase de estudos xenéticos.
Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura
2026/07/20
(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (17:10) Os nosos estreleiros históricos Irene Vaspino e Martín Pawley comparten consellos prácticos para construír cámaras escuras caseiras coas que observar de forma segura e en familia a eclipse solar do 12 de agosto. Tamén exploramos a presenza das eclipses na cultura popular. (44:31) Borja Tosar achéganos ao paradoxo de Fermi.
Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas
2026/07/19
(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que traslada o seu laboratorio desde Valladolid para investigar a quiralidade e a estrutura molecular mediante espectroscopía de rotación, unha técnica clave para comprender desde o deseño de fármacos ata a astroquímica. (33:41) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:19) A Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Aida Fernández Ríos como científica do ano. Fiz Fernández e Noelia Fajar do IIM-CSIC debullan a súa traxectoria, desde os seus inicios como técnica ata chegar a se converter nun referente internacional no estudo da acidificación oceánica e o cambio climático.
Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia
2026/07/19
Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa enxeñeira Iria Ollero. Antonio Vázquez Saburido, xefe do Servizo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil en Ourense, debulla os riscos reais das estafas dixitais, a importancia das probas e o papel clave do factor humano. (15:27) Repasamos os cen números e case catro décadas do Boletín das Ciencias da man da presidenta de ENCIGA Inés García Seijo e dun dos seus fundadores, Ramón Cid. (34:54) No Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez coñecemos a orixe da tortilla de patacas.

Podcast reviews

Read Efervesciencia podcast reviews


3 out of 5
1 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Efervesciencia relevant audience podcasts


What do you want to promote?