1550805875
Salta da Cama

Advertise on podcast: Salta da Cama

Categories
Country
United States
This podcast has
1999 episodes
Language
English
Publisher
RadioEstrada
Explicit
No
Date created
2021/01/26
Latest episode
2026/04/13
Average duration
16 min.
Release period
9 days

Description

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!

Unlock Salta da Cama podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Salta da Cama podcast


Mochila Sabedora do Salta da Cama
2026/04/13
Atentas e atentos á pregunta desta semana! PORQUE SE ENRUGAN OS DEDOS, DESPOIS DE ESTAR MOITO TEMPO DEBAIXO DA AUGA? Ademáis, sorteamos a 7ª taza do Salta da cama!! Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa! PREMIO Entre as respostas recibidas levaredes: Unha taza do Salta da cama!! ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero. Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!
Mochila Sabedora 6 de abril
2026/04/07
A nosa amiga María Calvo, de Arenaria Coordinación, deixanos esta pregunta: Cómo podemos saber a idade dun peixe? Envía a túa resposta ó 606 20 36 20 e o venres entrarás no sorteo da taza do almorzo do Salta da Cama (se participan menores, a resposta debe ser envíada por un adulto responsable)
Mochila Sabedora semana 16 de marzo!
2026/03/16
Abrimos de novo a Mochila Sabedora! Atención, atención, mentes curiosas da casa! Temos unha nova pregunta para investigar en familia… Por que pensades que os ovos teñen esa forma ovalada? Que misterio se agocha detrás desa forma tan curiosa? Será para que non rueden lonxe do niño? Para que sexan máis resistentes? Ou terá que ver coa maneira en que nacen os pitiños? Queremos ler as vosas teorías! Pensade ben a resposta… porque entre as que acerten sortearemos un premio! PREMIO Entre todas as respostas correctas sortearemos: ☕ unha taza do Salta da Cama ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora ️ e a emoción de escoitar o voso nome no programa! Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero. Podedes enviar a resposta por mensaxe… ou pedirlle axuda á familia para investigar. #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
Resolución da Mochila Sabedora 13 de Marzo
2026/03/13
A nosa científica María Calvo de Arenaria coordinación preguntou esta semana pola composición do Po (polvo) que se se forma nas nosas casas. Os saltóns e as saltonas investigaron e este foi o gañador... queres coñecelo? escoita o micro espazo!
Mochila Sabedora do Salta da Cama
2026/03/02
MOCHILA SABEDORA — A PREGUNTA DA SEMANA Atentas e atentos á pregunta desta semana porque ten que ver coas conservas, os alimentos e o sal!! Ademáis, sorteamos a primeira taza do Salta da cama!! Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa! PREMIO Entre as respostas recibidas levaredes: ☕ Unha taza do Salta da cama!! ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ou contando coa axuda da familia. #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
O Entroido de San Xulián de Sales, dende dentro
2026/02/18
No corazón da tradición dos Xenerais da Ulla, San Xulián de Sales (Vedra) volve converterse cada ano nun dos escenarios máis auténticos e vibrantes do Entroido galego. Nesta entrevista conversamos con Andrés, quen nos achega a visión dende dentro dunha festa que combina historia, sátira, participación veciñal e moita emoción. Falamos da preparación, do significado que ten para a parroquia, do papel dos atranques e tamén do futuro dunha tradición que segue moi viva grazas ao compromiso da xente. Unha conversa para entender mellor por que o Entroido da Ulla non é só unha festa: é identidade, memoria e comunidade. Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe polo Entroido de Sales.
Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro | A Discoteca Nicol’s, cando a noite era outra cousa
2026/02/16
Esta semana en Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata unha das referencias da noite estradense: a mítica Discoteca Nicol’s, pero a dos tempos de Ramiro Abelleiro, unha etapa que pouco ten que ver coa realidade actual. Ricardo Terceiro reconstrúe a atmosfera daqueles anos: as patillas, os pantalóns acampanados, a bola de luz xirando sen descanso e unha pista onde soaban as seleccións musicais de Kiko Torrado. Falamos dos primeiros pinchadiscos, das sesións vermú, das lentas para arrimar e tamén da creatividade para manter viva a festa nos tempos máis difíciles. Non faltan os recordos dos concursos de baile ao estilo Aplauso ou Fiebre del Sábado Noche, nin nomes propios que forman parte da memoria colectiva, como Fernando Silva. Un percorrido cheo de imaxes, música e emoción que remata coa frase que todos lembran: “o último que barra e que peche ao saír.” Un capítulo de memoria viva sobre como se divertía toda unha xeración… e sobre os lugares que marcaron unha época na nosa vila.
Mochila Sabedora 9 Febreiro
2026/02/09
En Salta da Cama — Radio Estrada 107.7 FM convidamos aos nenos e nenas a pensar, investigar e divertirse cada día. Como funciona? De luns a xoves, a mesma pregunta Escoita o programa de 8 a 11 da mañá Pensas a resposta… E envíala por WhatsApp: 606 20 36 20 O venres hai premio! Sorteamos un boli de cores de Radio Estrada (e algunha sorpresa máis ) Un concurso educativo feito coa colaboración de Arenaria Coordinación @arenariacoordinacion ⚠️ Aviso importante: Se participa un menor, a resposta debe ser enviada sempre por un adulto responsable. ️ Porque aprender tamén pode ser divertido Arriba, perna cativa!
Discoteca Lennon no Entroido.
2026/02/09
Esta semana en Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro, viaxamos ao corazón das noites de festa da comarca: a mítica Sala Lennon, un auténtico faro da xuventude galega durante décadas. Un espazo que competía en brillo e personalidade con outras salas lendarias como Chanteclair, Dafnys y Cloe, A Condesa, Saturday ou Dona Dana. Recordamos aquelas noites de sábado nas que as mellores orquestras —Canadá, América, Solano— facían vibrar a pista, sempre baixo a batuta de Kiko Torrado, coa súa voz inconfundible polos avisos de micro. E, como non, mergullámonos no Entroido, cando a Lennon repartía algúns dos premios económicos máis altos da contorna nos seus concursos de disfraces. Falamos tamén doutros clásicos da época: os concursos de Miss, as atraccións de primeiro nivel que pasaron polo seu escenario —Mecano, Alaska, Barón Rojo, Mocedades, Tino Casal— e o inesquecible Tekele Show de Piñeiro, que marcaba tendencia e encheu de humor e espectáculo a sala. Pecharémolo lembrando a inevitable decadencia das grandes salas de festas, un fenómeno que transformou para sempre a vida nocturna galega. Un episodio cheo de memoria, música e historias que forman parte da nosa identidade colectiva.
Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro
2026/02/02
A Sala Gradín foi durante décadas o auténtico centro neurálxico da diversión estradense. Nos anos 60, 70 e 80 converteuse no espazo onde todo acontecía: sala de festas, bodas, banquetes, homenaxes, mítines… Un lugar polo que non hai estradense que non pasase polo menos unha vez. Por Gradín desfilaron as mellores orquestras de Galicia, artistas e grupos coñecidos en toda España e mesmo figuras televisivas da época. Entre eles, Los Mismos, que chegaron a interpretar unha versión de Terra Galega de Os Tamara. Tamén houbo sitio para cantautores, aínda que nalgún caso o Gobernador Civil chegou a cancelar actuacións, como lle ocorreu a Suso Vaamonde, nun episodio xa lendario xunto ao alcalde e ao famoso “niño de carrizo”. A mocidade da Estrada vivía coa ilusión de gastar as súas 500 pesetas mensuais en noites memorables, nunha sala onde era imposible aparcar nun radio de 1 km e onde mesmo había reventa. Gradín acolleu tamén a comida oficial da Festa do Salmón, desfiles de modelos solidarios e innumerables eventos sociais. Neste episodio lembramos tamén a figura de Ramiro Abelleiro, homenaxeado pola súa simpatía e polos seus inesquecibles despistes, tan queridos pola veciñanza. E para pechar este capítulo de Relatos Urbanos, Ricardo Terceiro recolle un emotivo momento: o homenaxe de Dyango á radio, un broche perfecto para unha viaxe pola memoria colectiva da Estrada.
A Cafetería Central, a nosa segunda casa.
2026/01/26
Ricardo Terceiro pasa polo "Salta da Cama" e deixanos fermosas historias de morreos e claudias... na Cafetería Central.
A música de A Estrada nos anos 60 e 70
2026/01/12
️ Relatos Urbanos | Nesta nova entrega de Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata a A Estrada dos anos 60 e 70, unha época dourada para a música en directo, os bailes de verbena e os conxuntos que puxeron banda sonora a toda unha xeración. Falamos dos grupos e orquestras estradenses que marcaron aqueles anos, cando a música se aprendía tocando, ensaiando e facendo quilómetros por festas e salas de toda Galicia… e máis alá. Neste episodio lembramos: O son e o espírito da música dos anos 60 Os conxuntos e orquestras da Estrada: Los Chiky’s Orquesta Venus Orquesta Iberia Toxo Verde Los Locos / Los Leones O salto xeracional cara aos anos 80 e 90, coa traxectoria internacional de Vicente Jorro, saxofonista que formou parte de proxectos como Juan Pardo, América ou Canadá Grupos como TNT e La Señal E como peza moi especial, escoitamos un audio histórico de 1967, unha gravación recuperada como homenaxe a Los Chiky’s Un programa para lembrar, recoñecer e poñer en valor a historia musical da Estrada, contada dende a memoria colectiva, os sons de época e o orgullo de vila. Relatos Urbanos, memoria sonora da nosa xente.
Relatos Urbanos - As festas da Xuventude dos anos 60
2026/01/05
Neste novo episodio de Relatos Urbanos, Ricardo Terceiro lévanos de volta á Estrada dos anos 60 para lembrar unhas celebracións tan singulares como inesquecibles: as Festas da Xuventude. Un repaso cheo de anécdotas, humor e memoria colectiva sobre unha época na que todo se facía con imaxinación… e cun presuposto mínimo. Falamos dos xogos e competicións que animaban aquelas xornadas, da peculiar Comisión de Festas, e desa eterna dúbida estradense: xuventude ou celibato? Tamén repasamos o curioso sistema de nominación e expulsión ao estilo “Gran Hermano”, moito antes de que existise a televisión moderna. Non faltan personaxes míticos como Manolo “Veterano”, nin probas tan pintorescas como as carreiras no adoquín ou o lendario Gran Derby Asnal, un evento tan sorprendente que chegou a estar… patentado e con permiso oficial. Un episodio para rir, lembrar e descubrir como se vivía a festa cando a creatividade era o mellor recurso.
Relatos Urbanos
2025/12/29
Calvo Sotelo "De arriba". Aquí vos deixamos a colaboración semanal do noso amigo Ricardo Terceiro falando das fachadas e comercios antigos que estaban ubicados na Rúa Calvo Sotelo.
Flash SALTA DA CAMA xoves 11-12-2025 (Programa completo)
2025/12/11
107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: 00:00 #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica. 07:00 #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día. 11:25 #concurso, de Javier de la Iglesia Arte Floral e de TABERNA O QUINTEIRO ⚽️18:40 #Resumocopadorei Ourense vs Athletic de Bilbao Rafa Vázquez. ESCOITÁMONOS PARTICIPA: : @pablochichas ☎️: 986675149 : 644165966 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Podcast reviews

Read Salta da Cama podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Salta da Cama relevant audience podcasts


What do you want to promote?