1552797122
Fóra de Mapa

Advertise on podcast: Fóra de Mapa

Categories
Country
United States
This podcast has
93 episodes
Language
English
Publisher
Fóra de Mapa
Explicit
No
Date created
2021/02/08
Latest episode
2026/09/30
Average duration
28 min.
Release period
16 days

Description

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Unlock Fóra de Mapa podcast Email contact info,
Listeners & Audience details

Email contact information

Direct podcast contact details

Listeners

Audience numbers & engagement insights

Audience details

Podcast Insights

Podcast episodes

Check latest episodes from Fóra de Mapa podcast


De leria con... Paula Jorge
2026/09/30
A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela e por tanto galega. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego é lingua de branc@s, negr@s, marr@ns e amarel@s. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo
2026/09/15
No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash e acabou sendo a fenda máis grande do Telón de Aceiro até ese momento. Uns meses despois, o Telón era historia. Aquel día non caeu ningún muro nin se asinou ningún tratado. Simplemente houbo unha festa, unha fronteira aberta durante unhas horas, uns guardas que deixaron facer e moitos alemáns do leste que decidiron aproveitar a ocasión.
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa
2026/09/08
A dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse do luxo e protocolo das grandes casas reais europeas. Coa invasión italiana de 1939 comezou o longo exilio do rei Zog e a súa familia, que levou o seu fillo Leka por media Europa e África. Xa na Albania poscomunista, Leka I tentou recuperar o trono e o seu fillo Leka II mantivo a tradición familiar de protagonizar situacións cando menos peculiares.
#Petisco lixeiro. O sistema político belga
2026/08/27
Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Estado, nun sistema no que os partidos están divididos por linguas e formar goberno pode converterse nun auténtico quebracabezas.
#Petisco lixeiro. Gagauzia
2026/08/13
Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer. No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión con Rusia, da súa oposición ao rumbo europeo de Moldavia e, sobre todo, dunha lingua que vai camiño de ser substituída polo ruso nun par de xeracións.
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas
2026/07/31
Alén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o arquipélago e o nacionalismo canario, desmontando moitos dos tópicos cos que adoita verse as illas. Percorremos tamén a historia das illas desde a chegada das primeiras poboacións amazighs ata a actualidade, deténdonos especialmente na conquista castelá do século XV e na posterior explotación colonial do arquipélago, baseada nos monocultivos de exportación e na súa importancia estratéxica para a expansión atlántica. Un percorrido para comprender como a xeografía, a historia e as relacións de poder contribuíron a moldear a realidade das Illas Canarias e a identidade do seu pobo.
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas
2026/07/16
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como illas pode determinar quen controla centos de miles de quilómetros cadrados de océano Atlántico e máis os seus recursos.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI
2026/06/13
O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación
2026/05/22
O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano. Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos 30 o maltés acabou por obter recoñecemento. Con todo, o pobo maltés tivo que loitar algunhas décadas máis pra lograr a independencia do Reino Unido. Hoxe o maltés está normalizado, é mesmo un idioma oficial da Unión Europea e pola contra sufre unha situación de diglosia que a moitos galegos nos pode parecer bastante familiar. Músicas: Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Il-Lament ta´ Filfla - Ghana Duo L-Innu Malti - Robert Samut The Travellers - Sbejha
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas
2026/04/28
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU. Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en Roma e a organización depende en boa medida da autoridade do Papa. Hoxe a súa función principal xa non é militar, senón humanitaria: xestiona hospitais, proxectos sociais e axuda internacional a través de miles de voluntarios. É unha anacronía do medievo convertida en organización solidaria moderna.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
De leria con... a viaxanta Cris Terceiro
2026/04/24
A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas
#Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas
2026/03/30
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separa a Polonia de Eslovaquia. Hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca. Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románticos e nacionalistas polacos a idea do salvaxe libre, o perfecto polaco que mantiña a identidade da patria oprimida nos seus vales e montañas, onde vivía fóra da órbita de Viena, Moscova ou Berlín, nun período no que o estado polaco non existía. Coa chegada do desenvolvemento económico e a modernidade á rexión dos gorales estes souberon explotar ben tanto a beleza das súas montañas como esa fama de montañeses feros e auténticos que tan ben casaba cos estereotipos desenvolvidos polos intelectuais nacionalistas durante décadas. Hoxe os gorales aínda se senten orgullosos desta identidade diferenciada, mesmo se ás veces esta teña máis de performance pra turistas que outra cousa. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua
2026/03/27
O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós. Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e paleofalantes), faltan profesores pra ensinar a lingua, créanse tik toks, música ou teatro nesta lingua, e Wilamowice converteuse nun exemplo estudado por sociolingüistas de todo o mundo.
De leria con.. Mario Brión @olaxonmario
2026/03/16
Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas
2026/02/26
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso) e máis o o tabarkino. Este último idioma, falado en 2 pequenas illas no sudoeste de Sardeña, é unha forma da lingua ligur que hoxe aínda mantén unha importante vitalidade, en boa medida porque é o idioma dunha comunidade cunha historia única, os descendentes dos colonos de Tabarca, unha illa na costa tunecina no que durante máis de 200 anos viviron e prosperaron numerosas familias xenovesas. Co tempo, logo de conflitos, periplos e mesmo escravitude os antigos colonos de Tabarca asentáronse no arquipelago de Sulcis, en Sardeña e hoxe os seus descendentes aínda se sinten moi orgullosos desta identidade expresada en tabarkino, e dos seus vedanceiros que viviron unha aventura por medio Mediterráneo. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

Podcast reviews

Read Fóra de Mapa podcast reviews


0 out of 5
0 reviews

Podcast sponsorship advertising

Start advertising on Fóra de Mapa relevant audience podcasts


What do you want to promote?