
Advertise on podcast: Baleiro Perfecto
This podcast has
45 episodes
Language
EnglishPublisher
A que cheira, papá?Explicit
No
Date created
2021/03/18
Latest episode
2025/12/23
Average duration
114 min.
Release period
82 days
Description
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado. Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia. Baleiro Perfecto é invocado dentro do magazine cultural A que cheira, papá?
Unlock Baleiro Perfecto podcast Email contact info,
Listeners & Audience details
Email contact information
Direct podcast contact details

Listeners
Audience numbers & engagement insights

Audience details
Podcast Insights

Podcast episodes
Check latest episodes from Baleiro Perfecto podcast
Fotografía - Baleiro Perfecto 45
2025/12/23
O Baleiro Perfecto volve polas andadas desta volta para falar do mundo da fotografía na fantasía e ciencia ficción. Cámaras para capturar espíritos, fotografías que veñen do futuro... Desde a cámara escura ata a distopía imaxinaria da IA xenerativa, repasamos neste episodio todo o que a fotografía como arte aportou aos nosos xéneros favoritos.
Labirintos - Baleiro Perfecto 44
2025/04/10
Deixamos o novelo e as miguiiñas de pan en cada cruce, pero os membros do Baleiro seguimos perdidos neste labirinto. Axuda!
Nada, mentres buscamos a saída falamos dos labirintos de fantasía e de ciencia ficción máis famosos, mentre artellamos teorías arriscadísimas sobre o sentido último de perderse.
Lentes - Baleiro Perfecto 43
2025/02/20
Dedicamos un episodio aos lentes, para conmemorar todas esas infancias con parches e dioptrías, adolescencias con lentes de contacto e madurez con ollos cansados.
Exploramos o significado literal e metafórico dos lentes e anteollos nas historias de ciencia ficción e fantasía, desde os lentes "falsos" de Clark Kent ata os superpoderes do visor de Cícople.
Body Horror - Baleiro Perfecto 42
2024/11/25
Bocas, pernas, dedos, folículos, cartílagos, humores. Transmutacións e todos os horrores de Cronenberg caben neste novo episodio do Baleiro dedicado ao Body Horror.
Dune - Baleiro Perfecto 41
2024/06/06
Máis alá dos límites do podcast, alén dos recantos aos que ningún ourensán chegou xamais, alí hai un planeta chamado Arrakis.
Disque a xente do Baleiro Perfecto conseguiu facerse cun pouco de especia e gravaron un episodio lisérxico sobre a posible chegada dun Lisan al-Gaib... quizais un chamado Chalamet...
Disfraces - Baleiro Perfecto 40
2024/03/07
É isto o Baleiro Perfecto ou tres nenos nunha gabardina finxindo ser un podcast sobre ciencia ficción e fantasía? Só un experto en disfraces pode apreciar a diferenza.
Volve o Baleiro, e facémolo preto do Entroido para falar da máscara e o disfraz, do espía que se agocha a plena luz, do traxe de superheroe, do entroido de subversión. Bota connosco unha hora pensando en como facer un carnaval dos mundos de fantasía!
Radio - Baleiro Perfecto 39
2023/11/03
Ola? Hai alguén ai? Aquí o Baleiro perfecto, cambio. Oh, non, non hai ninguén...
Sintonizamos a FM cuántica e intentamos facer contacto cun programa dedicado á radio! Desde a mítica retransmisión de Welles, o codec do Metal Gear ou a torre secuestrada polo Team Rocket, repasamos as radios máis famosas da cifi e a fantasía.
Unllas - Baleiro Perfecto 38
2023/09/14
Non estamos quedando sen tema para os Baleiros, sodes vós que non apreciades o poder das unllas!
Abrimos tempada nova no Baleiro demostrando que non temos medo xa a estar fóra do mainstream e dedicamos un programa enteiro ás unllas. Porque si, porque nós podemos, porque quen nolo vai impedir.
Afiade as de Lobeto ou arrincádellas ao velocirráptors. Cortamos o pelo con Eduardo Manostesoiras e pintámolas de cores cos Akatsuki.
Voar - Baleiro Perfecto 37
2023/04/14
Ah voar, ese soño compartido por humanos e aves sen plumas. Estivemos argallando no taller do Baleiro Perfecto e deseñamos o barco/nave/anxo voador definitivo, pero ao final gravamos un podcast.
Dedicamos un anaco a falar de voar na cifi e na fantasía e de verdade, neste hai unha miríada de referencias moi inesperadas: Casper, John Wick e Evangelion teñen oco no Baleiro.
Ah, e nalgún punto falamos das vasoiras das bruxas. Coidado. COIDADO.
Drogas - Baleiro Perfecto 36
2023/03/16
Un estraño composto químico percorre o sangue da xente do Baleiro Perfecto e non sabemos que efectos secundarios terá. Superforza para rir de Darío? Megaresistencia para facer podcast de 2 horas? Alucinacións con antigos pantasmas de Pablo Pesado?
Descubrímolo neste episodio dedicado ao marabilloso mundo das drogas, en particular das que inventan os autores de fantasía e cifi. Percorremos un mundo feliz e outras distopías, e afondamos nesa idea tan do século XX de que non se pode ser verdadeiramente artista sen drogarse.
Multiversos - Baleiro Perfecto 35
2023/02/10
A xente do Baleiro Perfecto atravesou un portal e agora todo é exactamente igual pero polo que sexa todo o mundo ten acento de Asturias. Fuxen pero no seguinte a xente toda é Will Smith! Oh non, será que están atrapados no Multiverso?
Multiversos paralelos, burbulla, fillos, as posibilidades infinitas dos mundos infinitos. Neste episodio falamos de todos eles, das teorías físicas que os explican, desde as fantasías de Elric de Melniboné ata o cinismo de Rick.
Piratas - Baleiro Perfecto 34
2023/01/12
Por que ese barco co pavillón dun polbo lovecraftiano se achega tanto? Son os PIRATAS do Baleiro Perfecto!
Surcamos os sete mares na procura dos tesouros en dúas horas de podcast onde a maridaxe co ron e as interpretacións desmadradadas do Monkey Island provocarán escorburto e farán agromar riquezas agochadas.
Non nos responsabilizamos polas actuacións extremas que o capitán Pereiro poida adoptar durante o programa. En alta mar, dereito de piratas.
Intelixencia artificial - Baleiro Perfecto 33
2022/12/15
Deberías saúdar a túa Alexa todas as mañas? Está a policía facendo pactos demoníacos con ordenadores ultrapotentes? Son todos os coruñeses Terminators esperando a orde adecuada de Skynet?
Todas estas preguntas e moitas máis atopan resposta no Baleiro dedicado ás intelixencias artificiais! Coa flamante nova Axencia en Galicia, aproveitamos para facermos o único episodio con algo de actualidade.
Tedes dúas horas co Trío Tenrura, para ir desde Kubrick ata Pinocho, e todo o que hai no medio.
Soños - Baleiro Perfecto 32
2022/11/24
Soñan os do Baleiro con ovellas eólicas? Será o soño unha vantaxe evolutiva ou apenas un rebumbio eléctrico do cerebro mentres descansa? No podcast desta semana puxémonos a interpretar soños, como quen intenta entender pelis de Lynch.
Dos edificios elásticos de Nolan ata os reinos oníricos de Gaiman. Dos soños proféticos da Biblia aos soños hiperespaciais para percorrer tempo e distancia. Non vos durmades, que este Baleiro é para auténticos connaisseurs!
Deportes máxicos - Baleiro Perfecto 31
2022/11/03
A nosa vida como Baleirers e como deportistas é facerlle a vida imposíbel aos gilís, tal e como vimos demostrando desde hai 30 programas.
Os nosos corpos esculpidos nas carreiras, no fútbol e no baloncesto canino, ademais do rollerball e o curling, son testemuñas da nosa paixón polo deporte e o seu tratamento na ciencia ficción e na fantasía.
Seremos quen de inventar un novo deporte algún día? É a creación de falangullos un deporte? Abofé que suamos con este!
Podcast reviews
Read Baleiro Perfecto podcast reviews
Podcast sponsorship advertising
Start advertising on Baleiro Perfecto relevant audience podcasts
You may also like to advertise on these Podcasts

4.712833547
True Crime All The Time
Emash Digital

4.8160011996
Watch What Crappens
Ben Mandelker & Ronnie Karam

4.638851160
Modern Wisdom
Chris Williamson

4.66182306
True Crime with Kendall Rae
Mile Higher Media & Audioboom Studios

4.73416778
The Ancients
History Hit

4.89101310
The Why Files: Operation Podcast
The Why Files: Operation Podcast

51088171
Middle Children
Jessie Jolles and Chris Burns

4.9265022000
Morning Wire
The Daily Wire

4.518774374
American Scandal
Audible

4.689351210
Get Sleepy: Sleep meditation and stories
Slumber Studios