
Advertise on podcast: Viaxantas Podcast
This podcast has
25 episodes
Language
EnglishPublisher
Cristina TerceiroExplicit
No
Date created
2021/04/04
Latest episode
2023/07/30
Average duration
56 min.
Release period
67 days
Description
Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.
Unlock Viaxantas Podcast podcast Email contact info,
Listeners & Audience details
Email contact information
Direct podcast contact details

Listeners
Audience numbers & engagement insights

Audience details
Podcast Insights

Social media
Check Viaxantas Podcast social media presence
Podcast episodes
Check latest episodes from Viaxantas Podcast podcast
#26 Praga: Tras as pegadas do nazismo e do comunismo
2023/07/30
Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo.
Ademais, atoparás algunhas recomendacións para que non te timen nas casas de cambio, cal é o segredo da cervexa checa ou os pratos que non debes deixar de probar.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#25 Praga: unha cidade chea de contrastes
2023/04/23
Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por tódolos barrios.
No episodio 25 de Viaxantas falaremos deses contrastes, da pegada dunha historia recente especialmente turbulenta e de todo o que fai á capital da República Checa tan atractiva para os visitantes.
Vanesa Noya, unha galega que xa leva máis de 8 anos vivindo en Praga, ponnos en contexto como se dunha guía profesional se tratase e lévanos por circuitos alternativos no corazón de Bohemia.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego.
Axúdanos a chegar a máis xente.
Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
2023/01/22
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais.
No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras.
Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber. DALLE AO PLAY.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Instagram, Twitter, TikTok, Telegram, e tamén en Podgalego.
NOTAS DO EPISODIO
Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
Artigo de GCiencia sobre a tormenta solar que provocou espectaculares auroras en Noruega.
Web de Visit Tromso.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade
2022/08/07
A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o impacto das redes sociais no noso xeito de viaxar, mais tamén compartimos os nosos imprescindibles desta ruta con forma de serpente que lidera as listas de destinos imprescindibles ano tras ano.
Dalle ao play para iniciar este paseo.
* Subscríbete á Newsletter de Viaxantas aquí: viaxantas.gal/subscribete/
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
2022/07/03
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo.
NOTAS DO EPISODIO:
Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
As Womansplainers, o podcast no que participa Carme Saborido.
Podes coñecer Bari e Alberobello, no episodio 16 de Viaxantas.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
2022/05/22
Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados.
Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este destino e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra.
Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa.
Notas do episodio:
Galicia Hiking.
Documental sobre Nemesio Castro.
Turismo de O Rosal.
Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#20 Os días tolos en Colonia
2022/03/20
Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa catedral, da tumba dos Reis Magos ou das orixes da famosa auga de Colonia. Apúntaste a esta viaxe sonora? Na nosa páxina web tes máis información sobre este destino: www.viaxantas.gal
_______________________
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#19 San Telmo en clave galega
2022/02/13
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.
Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.
Dalle unha escoita e se che gusta comparte.
______________________________________________________________________________________
Notas do episodio:
Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64
Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.
Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.
______________________________________________________________________________________
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#18 Descifrando Ámsterdam
2022/01/16
Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam!
Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción:
Fran da Lobeira axudaranos a descifrar o barrio vermello coas súas historias de mariñeiro.
E Carina Fragoso ensinaranos que Ámsterdam é perfecta para unha viaxe exprés.
Veña, dalle unha escoita ao episodio 18 de Viaxantas e cóntanos que che parece.
___________________________________________________________
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#17 Sabucedo en 360º
2021/12/22
Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un ecosistema único no mundo. Benvid@ a unha Rapa das Bestas en 360º .
Imos falar de moito máis ca dos días grandes da Rapa. Imos sobrevoar unha lenda que marca o carácter da veciñanza, escoitaremos sobre o valor do traballo en equipo e da defensa do rural, tamén de fixar poboación nesa terra e da preservación do monte. Ademais, contarannos sobre a beleza e os desafíos de conservar a estes cabalos salvaxes no mundo de hoxe. E para iso, acompáñannos:
Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Asociación Rapa das Bestas e aloitador.
Maruxa Obelleiro, veterinaria e integrante da asociación.
Iván Sanmartín, avogado da asociación.
Henrique Bazal, aloitador, expresidente da asociación e actual secretario.
E Javi Brea, un deses aloitadores especiais. Que malia vivir lonxe, tamén pon o seu grao de area para que a tradición non decaia.
Dalle unha escoita ao episodio 17 de Viaxantas.
Coñece máis sobre a Asociación Rapa das Bestas e sobre o estudo da Universidade da Coruña que mencionamos neste episodio.
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#16 Puglia en solitario
2021/12/05
Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo.
Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de cativos. Unha zona con moitísimos encantos e onde os turistas somos simples espectadores duns costumes que, afortunadamente, non mudaron co tempo. Convídote a coñecer a colorida Bari Vecchia, a fermosa Polignano a Mare e as súas praias pedregosas bañadas polo Adriático, pero tamén os trulli de Alberobello ou a Grotte di Castellana nunha expedición para aventureiros sen medo a quedar perdidos polo camiño.
Esta é unha viaxe en solitario con banda sonora propia, grazas a Domenico Madugn e o seu mítico VOOO-LA-REE.
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
2021/08/01
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco.
No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes:
O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila.
O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González.
E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi ir coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez.
________________________
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
---
Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
Podcast reviews
Read Viaxantas Podcast podcast reviews
Podcast sponsorship advertising
Start advertising on Viaxantas Podcast relevant audience podcasts
You may also like to advertise on these Podcasts

4.9193522
SANDCAST: Beach Volleyball with Tri Bourne and Travis Mewhirter
Travis Mewhirter

4.4201379
The Week in Art
The Art Newspaper

4.7572122
The Hillsdale College Online Courses Podcast
Hillsdale College

4.89634228
We're Alive
Wayland Productions Inc

4.5358153
Otaku's Anonymous
Nick Conner & Danny Motta

4.618670486
American History Tellers
Audible

4.94828152
Old Gods of Appalachia
DeepNerd Media

4.8251771364
Relatable with Allie Beth Stuckey
Blaze Podcast Network

4.852621843
Men In Blazers
Men In Blazers

4.410941618
Red Eye Radio
Cumulus Podcast Network

